O Gafapasta Plasta

O GAFAPASTA PLASTA VIII: UNHA HISTORIA DE VIOLENCIA NO CINEMA

Cineclube Ádega Episode 8

Actúa o cinema como espello da violencia real, ou contribúe a reproducila? Neste episodio analizaremos a nosa relación coa violencia na gran pantalla a través de distintas formas de representación que se foron desenvolvendo no século XX: o western, o found-footage e o cinema acuñado como "incel". 

A través deste breve repaso á historia da violencia no cinema adentrarémonos en cuestións pantanosas como a responsabilidade social, o morbo ou a romantización da violencia, sempre dende unha dinámica desenfadada, cargada de risas e moitas, moitas recomendacións.




O MÁIS DESOPILANTEMENTE DIVERTIDO PODCAST PARA CINÉFAG@S E SERIÓFIL@S