
O Gafapasta Plasta
Un podcast gravado e editado polos membros do cine clube Ádega adicado ó cine, ás series, á música e ós eventos culturais. con bo rollo, divertidas seccións onde calquera aficionad@ pode ser colaborador@. Incluímos seccións de conversa e debate sobre filmes, series, entrevistas, monográficos....A new podcast devoted to cinema, Tv series music and cultural events. We would like you to enjoy a pleasant time with us, listening to our different sections. It includes cinema/series discussions, film reviews, tips to be the coolest cinema fan around.
O Gafapasta Plasta
O GAFAPASTA PLASTA VIII: UNHA HISTORIA DE VIOLENCIA NO CINEMA
Actúa o cinema como espello da violencia real, ou contribúe a reproducila? Neste episodio analizaremos a nosa relación coa violencia na gran pantalla a través de distintas formas de representación que se foron desenvolvendo no século XX: o western, o found-footage e o cinema acuñado como "incel".
A través deste breve repaso á historia da violencia no cinema adentrarémonos en cuestións pantanosas como a responsabilidade social, o morbo ou a romantización da violencia, sempre dende unha dinámica desenfadada, cargada de risas e moitas, moitas recomendacións.
O MÁIS DESOPILANTEMENTE DIVERTIDO PODCAST PARA CINÉFAG@S E SERIÓFIL@S